Comer a fartar!


Lidia e Valentina 

Os lagostinos que se chamaban así ata que Pescanova chegou con outros diferentes, de moi lonxe, e estes comezaron a chamarse cigalas.Cando esta revista estea nas vosas mans xa nas rúas soará aquilo de jingle bells jingle bells, una luz brilló un ángel será (todo bilingüe, pero inglés-castelán, claro!) E todo estará cheíño de calcetíns, bólas (que non bolas) e luces e máis luces prendidas que aumenten o gasto enerxético e que consuman  cartos, e malia a crise todo o mundo a comprar agasallos e comida, claro…

Neste tempo de Nadal é ben certo que proliferan as comidas de familia, de traballo, de amizades… Nas casas, a comida tradicional ata hai uns anos era o bacallau con coliflor. Todo un luxo nos tempos anteriores a unha suposta bonanza económica que nos fixo retirar o peixe para  dar paso aos mariscos, cantos máis mellor… E a importancia do bacallau debeu ser moita no seu tempo, de aí a expresión “É quen corta o bacallau”, é dicir, é o que manda. E o bacallau aínda ten asociada outra expresión moi nosa, pero que ten que ver coa súa fisionomía caracterizada por ter un rabo moi delgado, por iso cando vemos a alguén moi fraco dicimos: “está coma o bacallau polo rabo”. Cos mariscos autóctonos tamén temos ditos: “Quedou vermello coma un camarón!” De lagostinos non coñecemos ningún e menos de cigalas. Porque en realidade ás cigalas ata hai poucos anos chamabámoslles lagostinos, sabiádelo? O nome cigala pasou a denominar ao que tradicionalmente aquí se chamaba lagostino: o crustáceo de corpo alongado e aplastado, de cor rosada e con franxas avermelladas, con casca dura e ollos grandes. De feito algunha peixeira xa xubilada aínda lle chamará lagostino e aparece con ese significado nos dicionarios.  E como apareceu o nome de cigala en danza? Vodas, comuñóns, bautizos e xantares de Nadal fixeron famosos os lagostinos que trouxo Pescanova conxelados doutros mares e que teñen casca máis branda e antenas máis curtas. Así calcáronse os nomes tal e como se usan en castelán, mais en portugués só teñen o nome lagostim para os dous bichiños. Déstelo entendido? Resumindo: en galego hai dous tipos de lagostinos: por unha parte, o tradicional, o que en castelán, e agora tamén en galego, se chama cigala; por outra, o que en castelán se lle chama langostino.

O caso é  ter algo que comer e que nos preste! Bo Nadal!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Falando da lingua. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s