Un decálogo con encanto real


Daniel López

Transparency InternationalNun dos Carrabouxos de hoxe alguén lle di ao noso heroe: “que sorte, que temos Casa Real”, e o Carrabouxo responde: “si, ho, coa cantidade de xente que a ten imaxinaria…” Pois iso, que a casa real está nos medios, e por iso está cabreada con Urdangarín, o xenro deportista e sanote que foi aprendendo outros deportes.

O tema do super xenro é moi ilustrativo. Fichou –ou foi fichado- por unha desas empresas consultoras que pululan, sobrevoan e penetran polas fendas dos despachos dos altos cargos, dando ideas, vendendo motos, fume de bidueira e macroeventos varios, para irlle solucionando a vida a uns gobernos que non se fían, nin saben dirixir –confiar, estimular, motivar, organizar- a súa propia administración pública. E, de paso, e sobre todo, ofertándolle ao político o que realmente lle gusta: imaxe, bombo, portadas e titulares. E así andamos, aboiando malamente no maretón da crise, e con estes pelos, e con eses hábitos de contratar consultoras para redactar este plan, para xestionar ese proxecto europeo, para redactar ese informe, para organizar aquela conferencia, para case todo. E así pasa o que pasa.

A Fiscalía anticorrupción interrogou xa a varios ex directores xerais da parte de Valencia –sitio tremendo!!- por facer pagamentos xenerosos á consultora Nós, na que disque traballaba o rapaz. Ese “instituto” cobrou da administración en tres anos un total de 3,7 millóns de euros por, por exemplo, organizar uns apaixonantes certames chamados Valencia Summit, consistentes en chegar a decisivas conclusións sobre un asunto chamado “impacto que ten nas cidades a organización de grandes eventos deportivos”. E, incluso, por esa ridícula suma, conseguiron elaborar todo un decálogo de conclusiones de los expertos internacionales”, algo que a humanidade levaba séculos agardando, un fito de singular transcendencia, como non se lembra desde aqueloutro decálogo, ben máis barato certamente, e con menos glamour, que un tal Moisés baixou do Sinaí, con certo susto no corpo.

Pero estamos no que xa sabemos. A vara de medir do electorado é a que é. E, pasado o barullo, a xente guapa e choni retomará o seu espazo natural nas conciencias e nas imaxinacións, e ao rapaz real, e aos seus aduladores e financiadores daráselles unha palmadiña no ombro, …para que non se pasen máis.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s