Coincidencias


O fachineiro da lingua

Hai uns días Anxo Lorenzo, o -disque- Director Xeral de Política Lingüística, ese mesmo co que recuamos na protección social do galego ata, polo menos, o franquismo, participaba nunhas xornadas de Xustiza e Lingua. E pensaba o fachineiro: xustiza e lingua? Vaia dous termos máis antagónicos cando a lingua é a galega. O tal Lorenzo entre outros bla, bla, bla, recoñecía o que queda por facer neste campo da xustiza ao tempo que Díptico Xustiza e Linguao Director Xeral do ramo engadía que están a seguir “liñas de actuación para avanzar na normalización (si, dixo normalización, glubs) do galego na Administración de xustiza, sempre respectando os dereitos lingüísticos da cidadanía”. É dicir, bla, bla, bla. Máis bla aínda se pensamos que estas consideracións coincidiron no día en que un imputado nun coñecido caso xudicial, tivo que demorarse á saída dos xulgados de Lugo. A razón? A declaración que fixera en galego presentábanlla para asinar en castelán e ao tal imputado déuselle por esixir os seus dereitos, eses da cidadanía que di respectar o director xeral, sempre que sexa da cidadanía en castelán. Pero claro, se vostede ten o capricho do galego, agarde outros tres cuartos de hora, que xa lle vale. O xulgado señora Estela San José terá outras virtudes, pero entre elas o respecto pola lingua propia de Galicia non sobresae.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s