Mananciais cantareiros e ríos calados


Fragas do EumeÁs portas do Nadal paseo en silencio polas fragas do Eume, e contemplando o río cheo e silencioso, lembro aquel proverbio oriental: “canto máis cheo vai o río, fai menos barullo.” Contan que o gran Beethoven tiña anotada esta frase na marxe dunha das súas partituras, xa cando non oía, cando estaba xordo pero capaz de escoitar a música no seu maxín e trasladar as notas ao papel.

Canto precisamos dese silencio fecundo, que nos encha e nos faga creativos. Hai demasiado barullo na sociedade, na política, na economía…nesta igrexa nosa! Sinal de que o río non vai moi cheo. O Advento convócanos ao silencio, é a expectación precisa na vida de quen non se acocha no sofá do benestar, da seguridade ou nas frías estancias do medo.

A Fraga verte mananciais por todos os recunchos, algúns potentes, pequenos e cantareiros outros… van conformando o gran río que deitará o caudal, aló na Ría, facéndose mar. Que espiritualidade tan sagrada! Penso en San Gonzalo e San Rosendo que din moraron nestes lares máxicos, facendo simpáticas milagres.

No Foro de Encrucillada soubemos que hai persoas mananciais, como Pagola, rodeados de vida e ilusión, e o seu cantar sabe a novo, e fai presa no corazón.

Que o advento nos faga santos, que non é outra cousa que volvérmonos máis humanos, cos ollos ben abertos a quen pasa chorando no medio do ruído enxordecedor do capital.

Xa ves meu santiño, ando de novo por este peto, máis ao norte, e deixo de agasallo este pensamento:

No estado actual do mundo

a vida enteira está enferma.

Se eu fose médico e alguén me pedise

un remedio, respondería: crea o silencio!

(S. Kierkegaard)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s