Guatemala: país de contrastes


Moisés Lozano

Recentemente puiden viaxar por Guatemala e coñecer unha gran variedade étnica, lingüística, cultural e xeográfica. Tiven a fortuna de poder falar longamente con mozos estudados e compoñentes dalgunhas das 23 etnias maias. Cada unha delas ten un idioma diferente, excepto tres delas que teñen un idioma bastante similar. O castelán convive cos distintos idiomas maias. Tamén puiden comprobar unha certa desafección pola política e os seus representantes, aínda que recentemente participaron un 60% no proceso electoral centrado na Presidencia do país e outros cargos de política local

Unha gran riqueza de etnias

Tiven a ocasión de visitar Tikal a maior cidade da antiga cultura maia, que conta con máis de 4000 edificios e que representan a icona do período clásico Maia. Esta poboación indíxena compón un 51% da poboación do país no que habitan 13.824.463 cidadáns. O idioma oficial é o castelán, así mesmo conta con 23 idiomas maias, os idiomas xinca e garífuna, este último falado pola poboación afrodescendente.

A cultura maya sobresaíu en varias disciplinas científicas tales como a arquitectura, a escritura, un avanzado cálculo do tempo por medio das matemáticas e a astronomía.

Hoxe en día Guatemala coñécese como o corazón do Mundo Maia, onde máis de catro millóns de descendentes maias continúan falando idiomas que descenden do tronco maia e cos seus costumes nas súas terras orixinarias (os que non lles roubaron as súas terras durante o conflito armado), viven libremente (aínda que os seus idiomas seguen sendo minorizados polo castelánl), practicando a agricultura, a gandería e a pesca, deles aproximadamente dous millóns viven en Guatemala capital

En 2003 promulgou a “Lei de Idiomas Nacionais”, en concordancia co artigo 143 da Constitución política da República, e recoñece aos vinte e tres Idiomas vernáculos guatemaltecos como “idiomas nacionais” co que se autorizou a utilización dos idiomas nas actividades públicas e na prestación de servizos de educación, saúde e de natureza xurídica, entre outros, en calquera dos 24 idiomas que se falan no país (incluíndo ao castelán).Con todo os maias quéixanse de que os seus dereitos son perseguidos e existe un único código de xustiza: o que chaman occidental ou colonial e non existen libros de texto, etc. Nas súas linguas

A colonización española

En 1523 os conquistadores españois chegaron polo oeste, provenentes de México, coa intención de explorar e colonizar os territorios da actual Guatemala. Enfrontáronse primeiro cos k’iches, e logo aliáronse brevemente cos indios kaqchikeles, fundando o seu primeiro asentamento o 25 de xullo de 1524 nas proximidades de Iximché, capital dos kaqchikeles, vila que recibiu por nome Santiago dos Cabaleiros de Guatemala en honra ao apóstolo maior. Actualmente chámaselle a Antiga e consérvanse moi ben os orixinarios edificios coloniais. O traslado debeuse fundamentalmente ao seu carácter de vulnerabilidade por causa das erupcións volcánicas, inundacións, e terremotos, tras ser destruída por dous terremotos. Así en 1775 se trasládase  a capital ao Val da Ermida, actual localización. Durante a dominación española, que durou case 300 anos, Guatemala foi unha rexión de carácter estratéxico. En 1821, aproveitando o caos político que se vivía en España, conseguiron a independencia, proclamada en 1822.

A guerra interna

Desde a chamada Revolución de 1944, de carácter socialista, posteriormente a contrarrevolución de 1954, capitalista, que se desenvolvería posteriormente nun período de inestabilidade política, con golpes de estado e eleccións fraudulentas entre os mesmos, paralelo ao movemento guerrilleiro e á loita armada interna. Tras a transición á democracia, lógrase a asinar os Acordos de Paz, e empeza unha nova época caracterizada por visión dunha mellor Guatemala, pero frustrada, en parte, polo crecemento da delincuencia interna e a crise económica mundial. Esta é a historia dun país que pasou por unha gran experiencia, de esplendor precolombino, de invasión española, de colonia, de independencia, de unión centroamericana e secesión da mesma, de gobernos conservadores e liberais, capitalistas e socialistas, de revolucións, de guerra interna, de xenocidio, de golpes de estado, intervención estranxeira, de democracia, de paz, de esplendor científico e literario, pero que a pesar das dificultades, segue o seu camiño da historia.

Desde 1994 Guatemala ten un sistema de goberno republicano, democrático e representativo. Será, a partir de 2004 cando os guatemaltecos teñan gobernos democráticos. Recentemente acaban de elixir a un ex -xeral retirado como presidente. Guatemala é un dos tres países de Latinoamérica no que o presidente non pode ser reelixido. O seu mandato dura exclusivamente catro anos. Este ostenta o poder executivo, xunto ao Vicepresidente da República de Guatemala, o Consello de Ministros e pola demais entidades públicas correspondentes a este organismo. . Chamoume a atención o protexida que ten que estar algunha valente fiscal e o presidente da comisión internacional contra a impunidade. Segue existindo moita violencia neste país, unido á pobreza e aos estragos que están facendo a droga e os narcos. O 74% da poboación indíxena vive na pobreza e o 40% na extrema pobreza, o cal afecta en maior medida ás mulleres. O pobo pide aos seus políticos que neutralicen o crime organizado, as cuadrillas xuvenís (maras) e a delincuencia común. Nace unha tímida esperanza con Oto Pérez Molina, o novo presidente.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Internacional. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s