Outra Igrexa é posible.


Outra Igrexa é posible. E diso son consciente grazas á lectura do manifesto da III Asemblea de Redes Cristiás. Resulta unha bonita evocación afondar na frase “somos moitos máis do que cremos” que parece que foi un eco da asemblea.

Outra Igrexa é o posible. E disto son consciente grazas a que no último número de Irimia hai un caderniño das Mulleres Cristiás Galegas Exeria sobre a violencia de xénero cunha chamada da atención sobre a violencia que supón a exclusión das mulleres nos órganos de decisión da Igrexa ou a escasa voz coa que denuncia os casos de violencia doméstica.

Outra Igrexa é posible. E disto son consciente grazas ás noticias que me van chegando do Foro de Encrucillada.Por desgraza non puiden ir. Turrou máis de min a “obriga” laboral de ir á fantástica asemblea da CGENDL que as gañas que tiña de escoitar á boa xente coma Pagola, Forcades, Queiruga… Todo o mundo que foi fala de éxito. Que o Auditorio de Galicia encheuse e que a experiencia foi magnífica.

Outra Igrexa é posible. E disto son consciente porque cada quince días recibo unha revista Irimia, porque boto un ollo á páxina de Redes Cristiás, e á da revista 21RS, a páxina web de Cortés e centos e centos de cousas que me fan conscientes do que dixen. Por que non poño todas? Por que os de Irimia só me permiten 1200 carácteres e xa me pasei.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s