Prescolar na casa e nos nosos corazóns


Daniel López

preescolar na casaNon faría falta que Prescolar na Casa levase premios, mencións e recoñecementos internacionais para que debese ser considerada unha das mellores iniciativas que deu a luz esta Terra Nosa,… pero, aínda por riba, seino ben, alí onde Prescolar na Casa é presentado, triunfa, por que leva dentro unha intuición xenial.

A intuición xenuína do programa é a de compensar unha desigualdade de oportunidades inicial, moi, moi inicial, porque o berce duns e doutros non está arrodeado dos mesmos medios, estímulos, densidades educativas. E, ademais, é construír, coa naturalidade do cotián, unha escola de nais e pais, sobre todo en zonas illadas, desvertebradas, do noso territorio.

Para valorar esa intuición na súa xusta medida hai que coñecer e querer as aldeas e barrios de Galicia, o seu mundo marabilloso pero distante e sempre precario en medios e instalacións. Si, a Galicia que exerce de galega sen sabelo, con absoluta naturalidade, cun enorme potencial de humanidade, pero apoucada na súa autoestima por tanta superioridade barata, do centro, do poderío pretensioso, da urbe, dese pijerío con tanto poder autonómico -e estatal- como manifesta insensibilidade.

Prescolar na Casa está ao borde da desaparición. Ninguén discute que en tempos de axuste todo o mundo teña que esmoucar a ramallada e volver ao esencial. Ninguén pon en cuestión que onde necesitabas medio millón debas axustarte á metade. Non é iso. O que lle están ofrecendo a Prescolar na casa pos poderes públicos é o finiquito.

O triste desta e outras historias é que os recortes fanse sen visión estratéxica. Cunha miopía absoluta. A golpe de gabinete, de titular encubridor e prensa domesticada. Sen explicar. Á repañota. Con prexuízos viscerais contra os programas en galego. A base de caprichos e arroutadas.

Nas zonas centroeuropeas que, como a Galicia interior, están sacudidas por un desastre de despoboamento, de baixa fecundidade, están innovando, por exemplo, a base de facer escolas unitarias rurais, xusto as que os nosos gobernantes liquidaron por anticuadas. Cando lles falas de prescolar na casa namóranse da idea, porque, ben xestionada, ten todo o que se lle pide aos servizos nestas zonas dispersas: mobilidade, proximidade, organización, intelixencia, menos ladrillo e máis recurso humano.

Pero pasará como sempre. Cando nós liquidemos o noso invento, virán eles, os de fóra, e o patentarán. E os descendentes idiotizados dos liquidadores, dirán: Oh, sea, jo, que genial, no?, estos europeos son superinnovadores!!!!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s