MANIFESTO DA III ASEMBLEA de REDES CRISTIÁS


Somos máis dos que cremos

Hoxe 30 de outubro de 2011, na III Asemblea Xeral de Redes Cristiás celebrada en Xerez, baixo o lema “Cristiáns nunha sociedade plural”, constatamos que “somos máis dos que cremos” e que, intentando seguir a Xesús de Nazaré, e xunto con outras e outros, “temos máis forza do que parece”.

Esta crise ponnos en evidencia a brutalidade dun sistema que, a quen fomos creados iguais por Deus, fainos inxustamente diferentes na igualdade de oportunidades. Un sistema que reinventa continuamente formas de marxinación e exclusión social.

Ao longo da historia, o único Deus no que cremos manifestouse de diferentes formas. Por iso, temos de avanzar no diálogo para recuperar os valores de bondade, xustiza e igualdade tan próximos a este Deus.

Vivimos nun mundo adulto e plural nos seus criterios políticos, científicos, e morais, en relación cos dereitos humanos. Cremos que non son necesarias as muletas da relixión para traballar pola transformación deste mundo; por iso estamos convencidos de que “somos moitos máis dos que cremos” na vontade de avanzar por este camiño.
Nesta III Asemblea de Redes Cristiás traballamos en 11 talleres sobre a sociedade plural e a actitude e implicación de crentes e non crentes nela. Nestes talleres reflexionamos sobre as redes alternativas fronte á crise, o movemento mundial de indignación manifestado en prazas e cidades, a loita de clases nunha sociedade xusta e alternativa, as diferentes formas de vivir o transcendente, a afectividade e as súas distintas expresións, o traballo pola paz e en contra do militarismo ou a pluralidade eclesial e comunitaria no compromiso coas vítimas da crise.

Non fomos xordos nin cegos ante recentes acontecementos como o continuo incremento do paro, posto de manifesto na última EPA, a cesión da base de Rota para implantar o escudo antimísiles da OTAN, e o secuestro das cooperantes españolas esta semana en Tinduf e un pouco antes Kenia.

Por iso, ante a incapacidade e/ou silencios das institucións políticas, económicas e relixiosas para dar resposta a estas situacións, denunciamos a súa inoperancia, e sabendo que “somos moitos máis do que cremos”, manifestamos a nosa vontade de colaborar na transformación deste sistema, xunto a tantas persoas, grupos e movementos que o fan desde outras perspectivas.

E como seguimos convencidos de que “OUTRO MUNDO É POSIBLE”, decidimos unir os nosos esforzos -enredarnos- para que ese mundo vaia sendo posible desde agora. Unha festa da esperanza.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Horizonte universal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s