III Asemblea de Redes Cristiás. Enredando unha fin de semana en Xerez


Merchi Andrade

 Un grupo de catorce galegos achegámonos ao sur da península para enREDarnos na III Asemblea de Redes Cristiás xunto con outras trescentas persoas pertencentes a comunidades e grupos de católicos de base. E hoxe, nunhas poucas liñas, teño que resumir as experiencias vividas. Como se describe unha fin de semana para que todos os que non estivestes alí poidades entender as nosas sensacións, as nosas vivencias, as nosas conclusións…? O mellor será intentalo empezando polo principio.

A acollida

O recibimento do grupo de Xerez foi realmente acolledor; algúns aloxámonos nun albergue e outros en aloxamentos solidarios, pero todos sentimos a verdadeira calor do grupo de Xerez e, dende o primeiro momento, atopámonos coma na nosa casa, sentindo que estabamos coa nosa xente.

A organización e presentación da Asemblea

Aquí, de novo, o grupo organizador deixou o listón moi alto. Comezaron cun marabilloso espectáculo difícil de describir en palabras, no que un virtuoso das artes manuais fixo una serie de representacións sobre temas claves con todos os nosos desexos dun mundo mellor (educación para todos, vivenda digna, respecto aos maiores, igualdade, etc.), todo acompañado por música de guitarra. E a continuación fixeron unha representación creada por eles na que nos poñían en situación para empezar a traballar nos distintos talleres que se desenvolveron a continuación.

Os obradoiros

Durante todo o sábado distribuíuse o tempo da asemblea en obradoiros nos que había diversidade de temas que ían desde a construción de redes alternativas até unha análise do movemento do 15M, pasando pola espiritualidade laica, una aproximación á identidade de xénero, a loita de clases, a construción dunha igrexa plural, a interrelixiosidade e o pacifismo, e algún outro máis. Na preparación de cada una das asembleas discútese sempre se os talleres son unha boa metodoloxía ou non, porque é certo que ás veces as presentacións son algo frouxas, que moitas das veces non se chega ás conclusións que se pretendían, que non podemos estar en dous talleres á vez, etc. Mais a conclusión sempre é a mesma, os talleres son importantes e enriquecedores de por si, por riba das dificultades e mesmo de resultados. E, como se explica isto? Pois porque un dos principais valores destes radica no propio encontro en grupos pequenos, de entre 20 e 40 persoas, para que poidamos descubrir outras realidades, falar entre nós, contar experiencias e aprender doutras vivencias.

A celebración e o acto público do domingo

A mañá do domingo centrouse na celebración. A palabra de Deus, e outras palabras cheas de contido e profundidade, xunto cos xestos da luz, música e imaxes , e por suposto, o xesto de compartir o pan e o viño, fixeron que fose una intensa celebración da Eucaristía, onde, ao igual que en toda a Asemblea, Xesús estivo plenamente presente.

E como remate final participamos nun acto público nunha praza principal de Xerez, en apoio ao pobo saharauí.

Conclusións

O traballo desenvolvido quedou plasmado no manifesto, e polo que respecta ao encontro en si, só podemos constatar o éxito, porque todos nos sentimos moi a gusto, porque se xerou un verdadeiro clima de encontro e de comunidade plural onde tamén os momentos de lecer (comidas, paseo turístico, etc.) serviron para seguir facendo rede, para reafirmar que na nosa pluralidade cristiá está a forza para seguir adiante, que somos máis, descubrir outras realidades, falar entre nós, contar experiencias e aprender doutras vivencias. “Temos máis forza da que parece” e como di a canción “Se a vida é curta, o mundo é ancho. Somos o pasado do futuro”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Horizonte universal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s