O modelo galaico-español


Daniel López Muñoz

Os aeroportos de Don Quijote (todo un nome para tamaño despropósito), Castellón, Murcia, Huesca e Reus, están tan inactivos como as cidades das películas esas de despois da guerra nuclear. Deberíase poder gramar o botón de rebobinado, poñer a moviola da historia, borrar eses erros monumentais e recuperar os millóns de euros malamente investidos e, de paso, toda a débeda contraída, que deberemos pagar durante anos, e empregala en calquera outra cousa sostible, produtiva, intelixente, ecolóxica ou social. Dicir que non nos custaron moito porque, total, foron feitos con fondos europeos, debería estar prohibido (por desvergoña). Pero hai quen o di.

Recentemente tiven que guiar polo país un grupo de alemáns, que eran parte dun proxecto europeo. Na planificación da viaxe, por suposto, eludimos a cidade da cultura, para non ter que dar explicacións, porque sempre preguntan polo que custan as cousas, polos retornos que xeran e por como se sosteñen. Sempre as mesmas preguntas, vaia, vaia. Un deles, por certo participara con Castela-A Mancha nun proxecto que versaba sobre modelos de transporte sostible. E leváranos a ver o famoso aeroporto de Ciudad Real!!!!. Ben, quedamos coa catedral e a zona vella, que son un bo exemplo de invento sustentable. Encantados.

Cando nos cadrou pasar pola autoestrada que vai a Ribeira (antes vía rápida), ficaron moi sorprendidos por tan xenerosa obra de comunicación e preguntaban a que gran cidade se dirixía aquela vía. Tratamos de explicarlles a importancia da nosa pesca de baixura e tal. Eles nun momento dado contaran que en Alemaña hai pouco máis de tres grandes aeroportos. E despois lin algo do Deutsche Bahn (DB), o consorcio ferroviario alemán, que transporta cada ano mil novecentos millóns de pasaxeiros e une cinco mil setecentas estacións, e que acaba de anunciar que en 2014, un da cada tres trens eléctricos de longo percorrido funcionará con enerxías renovables.

Pensei na Voz de Galicia (fiel reflexo do nosa mediocre mediocracia) e nas súas prioridades históricas, así como nalgún político que coñecemos e que non dubidaría en retrucarlles, orgulloso, a estes centroeuropeos: pois nós tamén temos tres aeroportos en plena ampliación, e dous enormes portos exteriores a tiro de pedra, somos o país con máis quilómetros de duna urbanizada e imos ter un AVE de Coruña a Ferrol, …que manda distancia!

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s