Todo é posible… en galego


Xan Guillén

Comezo a darlle á tecla para escribir estes Rumores e estou impresionado, abraiado, alucinado… Quedo  sen adxectivos. Acabo de  participar nunha videoconferencia cun público  de 6000 rapaces e rapazas de preto de cen centros de toda Galicia. Ademais un par de horas antes houbera outra para nenos e nenas  de primaria con semellantes datos. E como se fixo semellante prodixio? Pois  grazas a un grupo de artistas. En primeiro  lugar grazas ao profesor Carracedo. Realmente é un xenio. Sendo un eminente  investigador non tivo reparo en falarlles a todos os rapaces e  rapazas achegándose aos seus coñecementos. Este señor  é un  xenio  da  medicina forense e ademais é galego. Deses dos que podemos  gabarnos porque o  seu instituto de medicina legal de Santiago é unha  referencia  mundial.Colexio Compañía de María de Santiago, un dos 97 centros que participaron. Por outra  banda grazas á boa  xente da coordinadora galega de ENDL,  proxecto no que hai moita xente  achegando a lingua aos escolares de  toda  Galicia. Que orgullo  saber que neste proxecto hai  irimegos traballando a tope. E por último a centos de profesores e profesoras, mestres e mestras que fixeron o esforzo e que traballaron en equipo para levar adiante esta actividade e outras moitas. Aprendida  a lección. Todo, todo,  todo pódese facer en galego. A ciencia tamén. E tamén se pode explicar  como a través dun pelo  na  escena do crime podemos  sacar a  talla  de calzóns  do asasino. Chegarán estes rumores a certa consellería?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s