Actitudes


O fachineiro do lume
A.Q.

Este fachineiro debería ir nunha sección do tipo “como diciamos onte”, “xa volo dicía eu” ou cousa deste teor. Hai dúas semanas Manuel Rivas publicaba un artigo que titulaba como “A Galicia desaparecida”, e iso sen saber que nos días seguintes ía ser a provincia de Ourense a que desaparecía baixo o fume e as chamas que se alampaban a valmontes por outeiros e valgadas. Mentres os membros das brigadas, xa de vacacións ou no paro, vían os incendios nos informativos da 1, lembraba este fachineiro a famosa foto do candidato Feijoo, coa goma de xardín, apagando un toxo nos lumes do 2006 con camisa e calcetíns brancos. Daquela a culpa era do bipartito e a actuación fora ben glosara o trasno na súa columna. Claro que agora xa sabemos que a culpa é da garda civil, que non detén os incendiarios. Trátase da coñecida táctica clementina do “patadón-pa-diante” que tan ben saben asumir partidos e gobernos, sabiamente combinada coa de “como-me-metas-iso-no-telexornal-acabas-pegando-selos”. Iso si, a chuvia destes días pon de manifesto o esforzo da Xunta por acoutar a indolencia inicial e, con toda seguridade, responde ao labor do superdelegado de Ourense, ese que se desprazou ata o Bernabeu para o partido da champions en plena vaga de incendios, ao decidir coller, por fin, as rédeas do asunto. Feijóo ha pagarlle por productividade, tal como suxeriu facer vez cos funcionarios.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s