Onde van as flores todas?


Daniel López

A primavera árabe tiña moitos anunciantes e moitos padriños. Eran os mesmos padriños que meses antes se fotografaban con Gadafi, porque as súas multinacionals do petróleo, Shell, BP, facían negocios co pintoresco autócrata, ou porque o seu réxime era un consumidor compulsivo de armas. Berlusconi, Sarkozy, Aznar e Zapatero, Blair e Obama, todos na haima imperial.

Di Amnistía Internacional que Gadafi era un tirano que gobernou con puño de ferro, sen liberdades nin disidencia posible, cruel cos opositores e que, simplemente nun día, nunha manifestación en febreiro pasado, causou cento cincuenta mortos por arma de fogo entre manifestantes desarmados.

Gadafi non merecía gobernar. Que merecería Gadafi?

Unha panda de vingadores populares deu co Gadafi derrotado, acurralado, ferido. O resto da historia xa o sabedes: esa bebedela de rancor, dolor gratuíta, pánico e petición de clemencia, corpo ensanguentado, execución espontánea. E o das fotos, …malditos móbiles!

Non hai primavera política sen as flores do dereito, da razón e da xenerosidade na vitoria. Tampouco hai tal primavera sen a intelixencia e organización dos sentimentos. Os orgullosos milicianos cubríronse de infamia e masacraron, xunto a Gadafi, as flores da primavera que dicían representar. Agora o mundo, grazas a eles, aprendeu de que vai a cousa, mentres os antigos amigos internacionais de Gadafi toman posicións nos campos de Petróleo Al Jurf , Amal, Beda, Bouri, Bu Attifel, Zenad, … para asegurarse un prato na mesa do país con maiores reservas de África.

O que merecía Gadafi sabémolo ben. Era un xuízo diante do Tribunal Penal Internacional. Un acto exemplar de xustiza universal. Por iso, entre os dubidosos méritos do primaveristas arrebatados está ese: evitar que a humanidade, toda a humanidade, poida xulgar a quen cometeu os crimes que supostamente el cometeu.

E, ademais, o que é imperdoable, arruináronnos a primavera.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s