Menos Galicia –aínda


Lupe Cendal

O máis irritante das bonificacións a exdirectivos de Novacaixa Galicia (tanto de Caixa Nova como de Caixa Galicia) é que se está premiando a desfeita. As Caixas xa hai tempo, coa súa aposta polo ladrillo, por exemplo, pasaron a ser bancos mal xestionados e deixaron de ser o que debían ser.

Ironizaba Barreiro Rivas na prensa recentemente sobre este tema, dicindo que era pouca a recompensa, que debían levar máis, pois segundo o que “el oíra” grazas a xenialidade de crear a famosa “Caixa galega solvente e paritaria (con media sede en Vigo e media na Coruña)”, conseguíramos manter “un sistema financeiro propio”, que ten aquí o “seu centro de decisión”.

Todos eses entrecomillados que sinala Barreiro Rivas, son os titulares que creou o gabinete de Feijoo no seu momento, para constituírse en abandeirado desta gran desfeita que é a práctica desaparición das nosas caixas como entidades solventes, radicadas e centradas en Galicia. Se a iso engadimos a absorción do Banco Pastor polo Popular, o panorama queda claro: Galicia deixa de existir no mundo das finanzas.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Coa eclosión do pensamento liberal –e ultraliberal- parece que se demonizaron as iniciativas conducentes a ter una banca pública. As caixas, coa súa obra social, cos seus consellos con representación de cargos públicos elixidos nas urnas, mantiñan acesa, dalgunha maneira, a idea de que co aforro dos galegos e galegas podería non só especularse para incrementar beneficios, senón promover unha actividade financeira que apoiase o desenvolvemento endóxeno de Galicia, os pequenos proxectos dos seus emprendedores, iniciativas culturais e solidarias.

A situación actual debe reconducirse porque Galicia está perdendo moito. En Alemania, as bancas públicas vinculadas aos Lander son una realidade consolidada. Son entidades enfocadas ao desenvolvemento local, que funcionan compasadamente coas estratexias de desenvolvemento que trazan as autoridades dos estados federados. E así pasa noutras partes de Europa.

Unha cousa é dicir que o “público” debe equilibrarse co “privado”. Outra é que o “privado” debe engulir ao “público”. A banca privada, desregulada, obsesionada polos beneficios a curto prazo e cun sistema desbocado de estímulo salarial dos seus directivos levounos a esta tremenda crise financeira. Se efectivamente os eslóganes de Feijoo rematan sendo un fracaso total, a proposta de pensar nunha institución financeira pública galega debe poñerse seriamente enriba da mesa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía, Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s