Para cando o salario máximo?


Daniel López

Robin HoodA economía funciona como una masa de electróns en movemento. Se hai circulación, se hai movemento rápido e enerxía, o sistema quece e dinamízase. Nas recesións o sistema faise lento, hai pouca circulación, a cousa non se move e baixa a enerxía. É dicir que, por diversos motivos, a xente con cartos retráese, gárdaos nos petos e debaixo do colchón, ou mesmo hai quen merca ouro. Os que non os teñen vense na obriga de gastar todo ese pouco que teñen para sobrevivir, e non lles chega. Na crise favorécese a desigualdade e a desigualdade favorece a crise. En troques, una boa distribución da riqueza, fai que circulen máis cartos, que a cousa se mova e que, con igual riqueza, pero mellor repartida, haxa máis benestar, igualdade e crecemento económico.

As famosas políticas anticíclicas que hai que ter nas crises teñen que ver coa historia de Robin Hood, que lle quitaba aos ricos para darlle aos pobres. Pero, sen entusiasmarse, colegas, que iso agora faino o Estado Social. Teñen que ver con poñer cartos nas mans dos que non teñen para chegar a fin de mes, porque son cartos que seguro que se gastarán, quitándollos aos que andan forrados e temerosos de gastar e investir. Iso son as políticas fiscais.

Os salarios, indemnizacións e pensións deses bichicomas da Nova Caixa Galicia son todo iso que se dixo: un insulto aos parados, un roubo indirecto aos contribuíntes, un premio inxustificable a uns xestores pésimos, un escándalo, unha desvergonza.Pero o máis chusco da historia é que é un insulto á intelixencia económica. En que se poden gastar no curto prazo tres homiños e todos os seus parasitos circundantes vinte tres millóns de euros, que son cerca de 4000 millóns das antigas pesetas? En que? Que plus de felicidade lles pode achegar?

Vinte tres millóns é o que máis ou menos vale o pagamento dun ano enteiro da Renda de Integración Social de Galicia; serían máis de 750 traballadores sociais, ou profesoras, ou enfermeiras; sería unha paga extra para 50.000 perceptores das pensións máis baixas; serían 460.000 xornais para parados en limpeza de praias, montes ou ribeiras. Calquera deses usos sería máis intelixente economicamente como medida anticrise. E máis xusto.

O salario mínimo é unha cousa que está ben. Pero, para cando o salario máximo? Para cando un Robin Hood que leve ese persoal, debidamente embreado, á praza maior na que están as ringleiras de parados, inmigrantes e indignados agardando por un xornal?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s