Berro seco da XXXIV Romaxe


Unha das tradicións máis queridas da Romaxe é o berro seco de despedida que, anicados coma os canteiros, soltamos todos a unha, sincronizados, para erguer esa pedra que hai que mover. Velaquí as 3 pedras que tentamos erguer nesta última Romaxe.

Primeiro berro. No nome dos que deixan o xardín dos seus amores, o dos pais, o dos irmáns, e dos amigos, ata o po da terra coa que o vento aloumiña as súas meixelas. No nome de todos eles, suplicámosche Deus, Xustiza! Para que aqueles que lles dan traballo nestas terras afastadas, entendan que os inmigrantes son seres que senten e merecen un trato coma os demais, cos salarios xustos, coas horas libres e cos días festivos.

Pido tamén por aqueles que queren vivir sen traballar, para que atopen noutras persoas o estímulo para sentirse útiles e esperten nelas o desexo de traballar.

Por último, Señor, quero darche as grazas por todo. Grazas de verdade! Por todas esas persoas boas de corazón que axudan os foráneos, non por mágoa, senón porque todos somos fillos dun só Pai de Bondade.

Segundo berro. Eu falo no nome das mulleres que loitamos. Das mulleres que un día atopamos un problema e que soubemos loitar contra el. Con berros en alto e bágoas na soidade. Que soubemos o que era a dignidade a base de plantarnos diante dos que se facían poderosos, empobrecéndonos. Que con todo o cariño do mundo acompañamos aos nosos fillos e fillas nas súas caídas e nas súas resurreccións. Que convivimos coa morte e loitamos contra dela. Que vimos aos derrotados e soubemos que a pesar disto todo é loita. A loita do cariño aos nosos seres queridos e que con Amor nada é imposible. Que ninguén chega tan fondo que non se poida erguer. Ergámonos pois e berremos todos e todas xuntas.

Terceiro berro. Se ben non en todos os países, a muller acadou en importantes ámbitos da vida apreciables cotas de igualdade está presente en moitos estratos da vida política, laboral e social, mentres que na igrexa segue a ser membro de segunda categoría, negándoselle a posibilidade de acceso a postos de responsabilidade e silenciando a súa palabra. A igrexa segue a manter máis da metade da freguesía na invisibilidade ou, como moito, en segundo plano. Urxe tomar conciencia desta inxustiza e reivindicar unha IGREXA TAMÉN FEMININA.

Porque queremos acceder á comprensión e coñecemento responsables, queixámonos da actitude represiva e castradora que obriga ao silenciamento, prohibición ou retirada de obras de teólogos, biblistas e outros e pedimos RESPECTO pola liberdade de pensamento e creación, reivindicando a enriquecedora pluralidade dentro da Igrexa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s