Sermos Galiza. Unha alternativa ao deserto


No pasado verán fóronse sucedendo malas novas para os medios de comunicación en galego. Ao anterior peche da canle Vieiros e de A Nosa Terra, sucedéronse a desaparición da edición en papel de Xornal de Galicia e de Galicia Hoxe. O resultado: unha estepa de silencio. Galicia é un país con lingua de seu e sen medios de comunicación en galego, a pesar de ter un goberno autónomo, que ten encomendada a defensa e pervivencia da nosa lingua e de que ese goberno realiza copiosas transferencias de fondos a medios de comunicación que teimosamente se negan a publicar en galego.

A presentación dun proxecto

A iniciativa social Sermos Galiza foi presentada en Compostela no Día da Patria, no marco do Festigal. Máis de 150 persoas seguiron con atención e interese as informacións fornecidas polo Grupo Promotor, e acolleron con entusiasmo o apelo a se comprometeren no obxectivo de contarmos en breve cun potente medio de comunicación na nosa lingua.Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

A idea é crear un grupo de comunicación galego e en galego. Poñer en marca un semanario e  e paralelamente un medio dixital na internet. Mesmo se soña cunha futura emisora de radio. No grupo promotor hai personalidades entrañables para Irimia, como Francisco Carballo e Marica Campo ou Xosé Lois “o Carrabouxo”. Nese grupo figuran, ademais, Xurxo Souto, Teresa Moure, Manuel Mera, Manuel Villar, Marga Romero, María Reimóndez, Nemesio Barxa, Néstor Rego, Olalla Rodil, Rubén Lois González e Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Do que se trata neste momento é de buscar apoios para garantir a viabilidade financeira do proxecto.  O grupo promotor invita a arroupar economicamente o proxecto adquirindo accións de Sermos Galiza ou asinando unha subscrición ao semanario.

A adquisición das accións pode facerse ingresando a cantidade correspondente ao número que se quixer adquirir na conta de SERMOS GALIZA, S.A. (sociedade en constitución) aberta en Novacaixagalicia: 2091 0319 29 3040016966. A contía de cada acción son 100 euros e o límite por accionista é o 10% do capital social, que ficou fixado en 300.000 euros.


Tornarse asinante (subscritor/a) do semanario que editará Sermos Galiza é outro modo de contribuír para o éxito do proxecto. Pode facerse cubrindo o formulario na páxina web:
http://www.sermosgaliza.blogspot.com/.  A subscrición terá de ser confirmada no momento de o semanario saír, mais coñecer o número de persoas realmente interesadas en seren asinantes, até verificar que se alcanza o obxectivo de 3.000, é chave para garantir a viabilidade do proxecto.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s