A paradoxal austeridade do goberno


O batido está servido. Os mesmos que meteron de maneira incondicional a centos de amigos na función pública pola porta de atrás, eludindo as formas ordinarias de acceso, levan larvando unha campaña de acoso e desgaste contra os empregados públicos, preparando o que queren que sexa un novo recorte salarial.

Ese recorte salarial, acompañado de novas medidas de control de horarios, vaise xustificar na pretendida falta de produtividade dos funcionarios e no seu absentismo; para os casos nos que isto sexa certo, que os haberá, teñen mecanismos sobrados para exercer un control eficaz sobre eles. E agradeceriamos que o fixesen. Pero os tiros non van por aí: a falta de diñeiro obriga a facer recortes e os mellor recibidos por unha sociedade coa auga ao pescozo son estes, os dos salarios dos empregados da administración; dobre ganancia, porque se xustifica vendendo a idea de que o Público non funciona, que debe ser debilitado. Porén, non deberiamos esquecer que, o que se aforrou ata o de agora estase gastando en contratar traballos que perfectamente poderían ser feitos por empregados públicos. Os austeros deben favores a moitas empresas e non se pode permitir alegrías nin contención de gasto con elas. Seguen en aumento moitas contratacións menores, aquelas que se dan aos achegados, aos que saben cara onde sopra o vento, aos que pasaron catro anos mal, pero que agora se están recuperando de novo. Esas empresas que se moven á perfección nos despachos dos austeros.

É evidente que todos nos temos que apertar o cinto porque a situación económica é grave. De onde non hai, non se pode quitar. Pero ao mesmo tempo sorprende o dispendio que fan os austeros en propaganda electoral que, sen chegar a niveis enfermizos doutros anos, segue a ser lamentable. Os austeros seguen facendo un gasto en persoal de gabinete enorme, que trata a política como se fose un espectáculo mediático máis que un servizo público. Predican a mesma austeridade que os directivos da banca que recortan o salario aos seus traballadores para aumentar as súas primas.

Os mesmos que nos fixeron crer que o dispendio estaba nos Audis dun goberno, seguen demostrando que son mestres cando se trata de vender unha austeridade que afecta a todos os que non navegan no seu barco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s