O río do que vimos, o río ao que volvemos


Por que nos preocupa o que este goberno da Xunta está facendo co idioma galego?

No itinerario vital do escritor homenaxeado este ano no día das Letras, Lois Pereiro, está unha das claves. Na entrevista ao seu irmán, que publicamos hai un par de números nesta revista, indicábanos como eles foran educados en castelán, pero que chegados a ese punto onde a adolescencia quere apuntar á madurez, decidiu escribir en galego. “O río  do que viñamos, era o galego” dicía.

Hai moitos motivos posibles para que mulleres e homes de Galicia, chegados a un punto de inflexión da súas vidas, decidan comprometerse vitalmente co idioma matriz desta terra. A cousa pode e debe ir por aí: o futuro do galego depende de moitas decisións persoais coma esa. Porque os datos sociolóxicos e culturais non son para brincar de optimismo. Pero a capacidade de reconciliármonos coa nosa particular e diferente maneira de ser e de expresar o mundo, esa decisión persoal de moitos e moitas a un tempo, poder dar futuro ao noso pasado.

Pero esas decisións persoais teñen dúas condicións: a primeira é que o galego non sexa algo totalmente alleo. A segunda é que exista unha atmosfera de valoración positiva en torno á lingua.

Na Galicia de hoxe, para que o galego sexa familiar, debe haber ámbitos –distintos á familia e á televisión- para interiorizar como propio este idioma de noso. A escola estaba comezando a xogar ese papel clave. Era un día a día de contacto, no que nenos e nenas castelanfalantes adquirían “o roce suficiente”, ademais da destreza e do coñecemento. Despois eles decidirán, libremente. Pero o que non se toca co galego nunca, malamente poderá decidir con liberdade. Velaí a falacia dos liberais.

E a segunda condición é que o ambiente social sexa de valoración positiva. Actitudes que fixeron historia, como as de Paco Vázquez ou o actual goberno da Xunta, non fan senón reforzar os prexuízos e a carga negativa contra o galego. As institucións teñen un deber exemplarizante e non poden ser neutrais nesta loita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s