Economía


Pedro Pedrouzo Devesa

Un dos motivos polos que a banca ten tan mala fama é polo frecuente abuso que fai da súa posición dominante sobre os clientes. Toma decisións que afectan directamente a eses clientes e ante as que non se pode facer nada. Os países occidentais encóntranse nunha situación semellante fronte a China, o banqueiro do mundo.

A enorme cantidade de divisas que adquire China grazas ás súas exportacións e a dificultade das empresas foráneas para entrar no mercado chino converten a China en posuidora de enormes cantidades de diñeiro que necesita investir nalgún sitio. Unha das saídas máis vantaxosas para eles é a compra de débeda pública de países que, como EUA ou España, teñen que pedir emprestado diñeiro para poder acometer o seu gasto público.

Todos coincidimos en que os gastos necesarios teñen que seguir facéndose por dous motivos: para non parar a actividade económica dun país e para minorar as desigualdades (reais, non figuradas) existentes entre os seus cidadáns.

O problema de pedir emprestado diñeiro é que nunca sabes realmente canto che vai custar devolvelo. Os xuros varían, e o efecto que provoca sobre as finanzas dun país o seu aumento é equiparable ao que sufrimos coas revisións das hipotecas. O noso país está sufrindo un cerco financeiro por parte dos que posúen a capacidade para emprestarnos diñeiro que, engadido á incapacidade que temos de xerar riqueza con 4 millóns de parados e moitos máis inactivos, obriga a facer unha reflexión en alto: se non queremos depender excesivamente doutros países, pero queremos, ao mesmo tempo, manter o noso nivel de benestar social, a solución é aumentar a produtividade do noso traballo (máis preparación, máis implicación, máis esforzo para facelo ben). Iso sen descuidar o control daqueles máis ociosos que queren vivir a costa do traballo dos demais. Non hai nada de balde: a xustiza e a democracia gáñanse cada día co noso traballo.

O aumento do gasto público ten un gran lastre: quen accede a emprestarnos diñeiro pasa a ter un poder político importante sobre nós. As relacións económicas entre os países, que deberan ser equilibradas, tórnanse perigosamente dependentes. Aos que vimos (tamén) a saída de Irak como un signo de independencia fronte ás directrices norteamericanas dános mágoa a tibiedade coa que opinamos sobre os abusos que comete o outro gran coloso mundial: China. O seu poder é menos militar que o norteamericano (polo de agora), pero é moito maior o seu poder financeiro. China non é só banqueiro de España, tamén o é de Norteamérica. É o primeiro caso dun país que chega a un nivel de riqueza semellante sen que iso leve aparellada a súa apertura democrática. A historia de calquera país sempre trouxo parellos o benestar económico e a democracia. Neste sentido, China é unha incógnita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s