A.Q.
El sueño del celta, de Vargas Llosa, xira arredor de Roger Casement, personaxe histórico que denunciou como cónsul británico o xenocidio dos indíxenas no chamado Congo Belga, baixo o reinado de Leopoldo II, e posteriormente a dos indíxenas peruanos na Amazonia para explotar o caucho. Contemporáneo de Conrad, a quen coñeceu no Congo, atribúe o mal estado de saúde do escritor “non ás desgrazas físicas que se encarnizaron con el, senón á corrupción moral que invade todo o país que describiría en O corazón do negror. Pero nesta novela África volve bárbaros aos civilizados europeos que van alá, mentres que O informe sobre o Congo de Casement denuncia que fomos os europeos os que levamos alá as peores barbaries. Nestas viaxes toma conciencia do vía crucis dos pobos colonizados. Como irlandés que é “a situación de Irlanda doíalle como nunca antes”. Bernardo Atxaga en Sete casas en Francia tamén trata o colonialismo no Congo aínda que con máis ironía. Pero …e o colonialismo español en Guinea? Só algún ensaio o trata. O apaixonante Un guardia civil en la selva, de Gustau Nerín cóntanos como o garda civil Julián Ayala é encargado de explotar o país dezmando a poboación. No franquismo continúa a situación grazas a Víctor Suances, “o que asa”, alcume procedente da súa afección a pasar pola grella os nativos. E el recuperarán os colonizados algún día a súa memoria histórica?