O AUXE DA EXTREMA DEREITA NOS ESTADOS UNIDOS


Moisés Lozano Paz

O movemento extremista dominou as primarias do Partido Republicano de EE UU. A resoante vitoria do movemento popular coñecido como “Tea Party” nas eleccións primarias, a máis sorprendente e transcendental das moitas obtidas por ese movemento nos últimos tempos, pon definitivamente á extrema dereita ao mando do conservadorismo norteamericano e abre un difícil período de incerteza sobre o destino do histórico do Partido Republicano e da política norteamericana na súa totalidade.

Un novo conservadorismo norteamericano

O nome “Tea Party” fai referencia ao movemento anticolonialista de finais do século XVII chamado Motín do té de Boston ou (“Boston Tea Party”), que protestaba pola aprobación dos impostos ao té, sen ter representación no parlamento Británico. Os membros das marchas do actual Tea Party trataron de evocar estes antigos movementos sociais usando imaxes, consignas e temas deste período da historia estadounidense.

Simbólico foi o triunfo de Christine O’Donnell, orgullosamente extremista. que avogaba polas armas, a abstinencia sexual, o fin dos impostos e a liquidación de todo o aparello estatal. Co apoio e o diñeiro do Tea Party e a bendición de Sarah Palin, a heroína desta peculiar revolución, bastoulle para derrotar a Mike Castle, un membro da Cámara de Representantes, unha respectada figura de Delaware, un Estado rico e progresista da costa Este e o candidato apoiado con todas as súas enerxías polo Partido Republicano.

Este movemento conservador en desenvolvemento nos últimos meses en Estados Unidos rompe os moldes do republicanismo tradicional e evoca o carácter racista, nacionalista e fanático do fascismo.

Obama no punto de mira

Destaca a hostilidade que este movemento manifesta cara a Obama . Así un dos oradores en Nashville sostivo con convicción que “está mellor documentado o nacemento de Cristo que o de Obama”. “É africano”, berrou unha muller entre a audiencia. Detrás desta campaña que lle nega a Obama a súa cidadanía norteamericana escóndese o rexeitamento á súa lexitimidade como presidente.

Este novo conservadorismo recolle moita da frustración do home branco, acumulada desde a liberación feminina, os dereitos civís, de todas as leis para a igualdade que lle foron restando poder ao sector da sociedade eternamente dominante. Ese home branco que tampouco se viu favorecido polos bos contactos, as amizades útiles, o diñeiro fácil, e que foi engrosando durante as últimas décadas unha clase media, que foi orgullo da nación nos anos cincuenta, pero que foi despiadadamente maltratada pola última revolución tecnolóxica e a recente crise económica.

Desde unha óptica europea, esa combinación de demagoxia, racismo, nacionalismo e xenofobia, enarborada por unha clase media ferida e axitada, é unha receita moi coñecida e aínda temida. É verdade que o novo movemento conservador norteamericano fai gala da súa defensa da liberdade e non parece aínda compatible cun Goberno que non garantise o respecto ao individuo. Pero esta situación, trae malas sensacións e asusta. Os fanatismos sempre son malas compañías para a democracia e o respecto aos dereitos das persoas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s