Os defuntos falan… castelán


A.Q.

Acabouse o mes de santos, e tomámoslle prestado o título a Ánxel Fole para preguntármonos por que se lles falamos aos vivos en galego, se ao noso avó lle dixemos sempre “canto te quero avoíño!”, na súa lápida poñemos “Tu familia no te olvida”? Ou un frío e impersoal silencio co nome e a data de nacemento e falecemento. Que foi daqueles magníficos epitafios latinos que glosaban en breves palabras a vida do que alí xacía? En Galicia hai 3750 parroquias e o 99% das súas lápidas están en castelán. As notas necrolóxicas dos xornais en galego só representan o 2%.

Cumpriría animar as autoridades eclesiásticas para que usen máis a nosa lingua nos actos litúrxicos: bautizos, vodas, defuncións, as empresas para que ofrezcan os seus servizos no noso idioma, e á sociedade para que se libere dos prexuízos que pesan sobre nós máis que as propias lápidas. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que traballa desde o 2007 para modificar esta situación, presentou este ano a campaña “En galego, agora e sempre”, animando aos concellos a sumarse a esta rehabilitación cultural e lingüística das persoas que fixeron posible o noso rico patrimonio inmaterial. Suxiren entre outras propostas, homenaxear aos devanceiros colocando unha placa á porta dos cemiterios co seguinte texto:

“Gloria eterna/a cantos aquí xacen/porque nos deron/ a Vida, a Terra e a Lingua”.

Como reza no primeiro editorial da revista Nós “Saúde e Terra , compañeiros”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s