Crónica da Visita de Bieito XVI


UTOPÍA
(de Axencias)

Bieito XVI chegou o sábado a Santiago acompañado do Cardeal Bertone e o seu secretario persoal. Foi recibido polo Arcebispo e o presidente da Xunta. Despois nun coche do arcebispado e cunha discreta escolta dirixiuse á catedral. Moitas persoas recibiron ao Papa no obradoiro, que se parou e saudou especialmente aos mineiros das Pontes, e preocupouse da súa situación.

Xa na catedral fixo oración no sepulcro que garda a memoria do apóstolo e despois dirixiuse aos que enchían o templo: catequistas, animadores, relixiosos e relixiosas, profesores, párrocos, sancristáns e sancristás. Despois mantivo un encontro con distintos sectores da Igrexa Galega, entre outros os colectivos de mulleres cristiás, comunidades cristiás de base… Escoitou con atención as demandas de tódolos grupos. Participou nunha xornada de portas abertas con colectivos defensores dos dereitos humanos, ecoloxistas e asociacións pola pervivencia das linguas minorizadas. Finalmente houbo un xantar compartido no Seminario Maior e o Papa degustou a empanada, a tortilla feita pola mañá, viño da casa e ata unhas sardiñas que trouxeron os de Aguiño. Houbo cantos da terra e foto conxunta no claustro do Seminario.

O Papa reuniuse logo cos bispos para tomar café e falar das súas cousas. Durmiu a sesta e o mesmo arcebispo levouno no seu coche ata o aeroporto para coller de novo un voo regular con escala en Madrid e destino Barcelona. A xente quedou moi contenta da sinxeleza do Papa, da súa preocupación polos problemas do país, da súa lingua, do mundo rural, do paro, da pesca…

Os gastos non foron excesivos, e mesmo se fixo unha colecta de solidariedade cos máis pobres de Galicia, e ata o Papa puxo 500 euros.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s