CARTA ABERTA AO PAPA BENEDICTO XVI


” Redes Cristiás quere dar a coñecer unha carta pública dirixida ao Papa Benedicto XVI, con motivo da súa viaxe a Santiago de Compostela e a Barcelona os próximos días 6 e 7 de novembro, co obxectivo de abrir un debate en profundidade sobre o presente e o futuro da Igrexa católica e a súa relación coa sociedade actual “.

Prezado Santo Padre:

Escribímoslle no nome dun amplo colectivo de persoas, entidades cristiás e comunidades de base de Galicia e tamén doutras moitas distribuídas por toda España. Facémolo dende a nosa fe, dende sentirnos plenamente Igrexa e en coherencia coas ensinanzas que da mesma Igrexa recibimos. A nosa Carta de Identidade de Redes está centrada precisamente en dous piares: o seguimento de Xesús de Nazaret e a preocupación polos pobres. Dende estes dous referentes, como non podía ser doutra forma, é dende onde lle diriximos as nosas palabras.

Vostede sabe que Galicia e Catalunya, a pesar de formar parte do mesmo Estado, teñen identidades moi singulares, forxadas ao longo dos séculos, que se expresan nunha lingua e cultura propias; con tradicións e santuarios propios -como os que visitará nestes días-, que configuran personalidades colectivas moi ricas e diferentes, con dereitos históricos aínda non plenamente recoñecidos que sempre pedimos á xerarquía da Igrexa que recoñeza en todas as dimensións da vida relixiosa, pastoral, litúrxica e institucional. Desexariamos que a súa visita a estas dúas comunidades servise para o afianzamento destas singularidades, tamén no campo relixioso.

España enteira, e estas dúas comunidades en particular, viven hoxe sometidas a profundas transformacións no cultural e económico, das cales hoxe quixeramos destacar só dúas: o profundo proceso de secularización e a crise económica. No pasado, o cristianismo foi un elemento esencial na configuración das nosas identidades no persoal e familiar e dentro a sociedade civil. Pero hoxe xa non é así. As nosas sociedades avanzaron cara á autonomía da moral e da ciencia, a separación de poderes, o respecto á conciencia e, en consecuencia, na capacidade de construír a historia sen acudir á relixión. Os baixísimos índices de cumprimento relixioso indican este cambio de signo, que cremos irreversible. Con motivo da súa vinda esta observación parécenos particularmente oportuna porque, a pesar de que probablemente en ambas as dúas visitas Vostede verase envolto en masas, só se tratará dun fenómeno fugaz e moi mediático, de moi dubidosa repercusión nun cambio do comportamento relixioso. E á vez porque dado este pluralismo, como dirixente dunha das confesións relixiosas, non pode dirixirse aos seus habitantes en xeral coma se todos fosen da súa confesión. Iso pode molestar, loxicamente, aos que non o son.

Finalmente, hoxe vivimos de xeito particularmente duro os efectos da crise económica: peche de empresas, paro, e índices crecentes de dualidade social; hai tamén crecente presenza da inmigración estranxeira como expoñente da crise internacional. Todo iso pon unha vez máis de manifesto a debilidade e inxustiza das nosas sociedades e a perversidade do sistema. Tamén esta observación é particularmente oportuna con motivo da súa visita: porque neste momento de crise quixeramos que a súa viaxe se mantivese dentro duns límites de austeridade económica e non dese o máis mínimo motivo de crítica. E ao mesmo tempo desexariamos de Vostede unha palabra de impulso para aqueles colectivos que traballan por conseguir unhas estruturas sociais máis xustas.

É hora xa de que a Igrexa dea un paso na dirección da súa reconciliación coas nosas sociedades. Se hoxe, despois de cincuenta anos, volvesen preguntarnos aquelas dúas sinxelas e provocadoras preguntas que deron vida aos documentos do Concilio “Igrexa catalá e igrexa galega, que dis de ti mesma cara a fóra, e que dis de ti mesma cara a dentro, cara a os teus mesmos fieis?”, o primeiro que deberiamos dicir é que, contrariamente ao desexado polo Concilio, a voz das nosas comunidades foi secuestrada pola única voz dunha Conferencia Episcopal, que de ningún xeito reflicte a riqueza da diversidade das igrexas locais nin o pluralismo nos crentes. Nas nosas sociedades, hoxe, o divorcio entre a cúpula dos bispos e as igrexas de base é alarmante. O traballo sacrificado e silencioso de miles e miles de cristiáns e cristiás de base non atopa eco nas declaracións e actuacións da xerarquía. Ao contrario, a súa voz vai quedando progresivamente afogada ante o continuado ruído dos bispos na rúa.

Con respecto do tema da laicidade e multiculturalidade ao que aludimos antes, apreciamos a actitude de apertura que Vostede puxo de manifesto nas súas declaracións en Belem de Lisboa no encontro con intelectuais afirmando “o necesario diálogo co mundo” e que a adhesión á verdade que proclama a Igrexa non é incompatible “co respecto polas outras verdades, ou coa verdade dos demais. Agradecemos esta observaci—n porque certamente, nalgœns outros acontecementos sentimos que cando o único criterio de actuación é a suposta “Verdade”, en lugar do amor e respecto ás persoas, esta convértese en inquisición e terror.

Oxal‡ estas expresi—ns supuxesen o final dunha etapa postconciliar na que a Igrexa, recordando antigas condenas de finais do s. XIX e consider‡ndose œnica posuidora da Verdade, constru’use unha barreira co mundo, vivindo de costas e enfrontado a este en case todos os campos, cient’fico, moral, te—loxico, pol’tico. Vimos como, afastada progresivamente da xente e refuxiada nas seguridades do propio grupo, a Igrexa corr’a o risco de convertirse en gheto. Para moitas persoas deixou de ser o referente moral da sociedade e ao noso mesmo colectivo en ocasións fíxoo sentir estranxeiro, en exilio na nosa propia casa.

Por último, unhas palabras en relación coa crise económica e a especial atención ás súas vítimas. As causas e as consecuencias da crise que nos sacode tan profundamente deberían ter unha consideración moi especial dende a fe e dende a teoloxía. Porque se trata dunha inmensa traxedia moral, espiritual e política. A fin de contas, ao final dos tempos (Mt.25, 31-46 e carta de Santiago), ante a historia a cuestión fundamental non será a relixión e nin sequera Deus, senón qué resposta fomos capaces de dar as vítimas.

Vivimos dentro dunhas estruturas económicas perversas e de pecado, que para subsistir necesitan pobreza e das maiorías: crises alimentarias provocadas polo aumento abusivo dos prezos, a débeda externa dos países pobres, o comercio de armas, a imposición de vantaxes comerciais desiguais, paraísos fiscais, o negocio da droga, a explotación infantil, tráfico de seres humanos, especialmente en mulleres, nenos e nenas, a dilapidación dos recursos da natureza, etc. nun sistema que o converte todo -necesidades básicas e relacións persoais- en obxecto de negocio ou de compra-venda. Ante esta estrutura de pecado non abondan as apelacións á conversión individual.

Como cristiáns e cristiás compartimos este traballo por unhas estruturas máis xustas con amplos sectores non crentes da sociedade. Non obstante hoxe, ante a gravidade e dureza dos acontecementos, atopámonos todos sen referentes institucionais, políticos, éticos, organizativos. Non é doado atopar referentes que dean confianza, capaces de acoller ao ou á que sofre ou dubida, testemuños do chamado “principio misericordia” neste mundo inmisericorde.

E é sobre todo neste campo onde botamos en falta a voz profética da Igrexa, unha voz forte contra a inxustiza na que os desherdados e desherdadas se sintan comprendidos e comprendidas. A apreciación crecente é que lle falta sensibilidade e que deixou de ser aquel lugar profético de encontro e acollida dos pobres. Ao contrario, a única voz de Igrexa que se escoita xira case sempre arredor dos mesmos temas: presión política para alcanzar maiores cotas de poder económico ou cultural e en temas de moral, redúcese o necesario discurso da ética e dos valores ao monotema de sexualidade. Desexariamos que a Igrexa aparecese ante as nosas sociedades con outro rostro, continuadora do facer de Xesucristo ante os poderes do seu tempo.

A pesar de todo isto, ou máis ben por todo isto, cremos que estamos nun momento propicio. Vivimos nun mundo gravemente enfermo e ferido, pero sabemos onde estamos e cara a onde queremos ir. Como crentes en Xesús e membros desta Igrexa, coa presente carta queremos colaborar a facer das nosas Igrexas locais un sinal de fe e un motivo de esperanza.

Redes Cristiás, 20 de outubro de 2010

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s