A necesaria reforma da piratería


Reforman o marcado de traballo pensando e declarando que hai que sandar a “economía”. Pero no mercado de traballo, tal como está, hai outros damnificados: os traballadores, especialmente, os traballadores novos. En realidade non reforman o mercado de traballo. Reformaron o espellismo legal que pensan que é o mercado de traballo. Fan unha lei, confúndena coa realidade, reforman a lei e pensan que reforman a realidade. Puro fetichismo, un delirio máis resultado da síndrome da Moncloa.

Un pirata reformado
Un pirata reformado

A realidade é outra. Cando hai sorte, con case trinta anos e un oficio, a un traballador fanlle asinar, por sistema, contratos temporais no que o que menos importa é se hai realmente tal temporalidade e, de entrada, canda a sinatura do contrato, fanlle asinar tamén unha baixa voluntaria e sen data. Ou iso ou nada. Algún mes despois, non moitos, ofrécenche un despido improcedente. Tes que asinar de novo que recibiches a indemnización que non recibiches, e pasas a cobrar do paro. Iso no mellor dos casos, para que se “cumpra a lei” e non se concatenen contratos temporais. Se te pos bravo pasan ao plan b, sacan a baixa voluntaria que xa asinaras de entrada e quedas no paro e sen prestación.

Outras veces é menos sofisticado. Nos contratos temporais de verdade asinas por oito horas e traballas quince, pero non hai horas extras, a cotización é por baixo da categoría, tes que comezar sen ver o contrato e remátante sen aviso previo.

Hoxe ata os trinta ou trinta e cinco, case ninguén está laboralmente integrado. Quen máis quen menos anda así, nas lindes da exclusión, cooperando activamente coa ilegalidade empresarial. Ese é a piratería que agora reformaron, para flexibilizala.

Os pedagogos din que non hai que castigar aos nenos e nenas con cousas que non teñen nada que ver coas consecuencias dos seus actos. Non vale mandalo a dar voltas á casa por esquecerse de facer os deberes. Pero si vale que teñan que reparar parte do mal que fan: ter unha sesión extra de estudio, no noso exemplo.
No mercado de traballo non chegan as reformas. Fai falla inspección e sanción. Porque a inspección nunca está e, se está, nunca ve. A recadación tributaria está en horas baixas, pero hai unha parte de empresarios piratas que saben aproveitarse ben da crise de traballo. Hai que premiar aos que crean emprego estable, un clima laboral satisfactorio e posibilidades de aprendizaxe e mellora. Tamén hai que sancionar aos piratas, aos empresarios antisociais. E esas sancións deben axudar a financiar as prestacións de desemprego, porque xa está ben de aproveitarse do obreiro e, despois, de propina, do Estado Protector contra o que tanto latrican.

Daniel López

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s