O PAPA EN SANTIAGO. ASI NON


Non é por falta de orixinalidade nin por unha especial preguiza pola que recorramos ao lema escolleito polos sindicatos  para a folga xeral. “Así non” é un posicionamento válido para reflexionar serenamente sobre a visita papal a Santiago. Nun contexto mediático que busca os titulares impactantes e foxe das opinións razoadas, cómpre que nos aclaremos entre ese “Benedito XVI, Camiño de Santiago”, presentado como motor económico e reforzo espiritual nesta fin do Xacobeo e o “Eu nom te espero”, cun manifesto contrario á visita que xa circula pola rede e cunhas bandeiras que cada vez se fan máis visibles nas xanelas da capital de Galicia.

A visita do Papa é un tema que nos incumbe, tanto coma cristiás coma cidadás galegas. En ambos os dous eidos poderemos atopar motivos para saudar unha visita papal, fronte á quen se opón radicalmente. Non debemos renunciar nunca a que nós somos Igrexa. Irimia é unha realidade eclesial que naceu na nosa terra e os seus membros son tan Igrexa coma o bispo de Ourense ou o Papa de Roma. A existencia da Igrexa como Institución -que nos marca unha referencia coa que definirnos-, e incluso o propio Papado e a súa presenza en Santiago poderían ser bos para reforzar a catolicidade (ou universalidade) do noso seguimento de Xesús. Isto non conleva acalar a nosa frontal crítica a esa estrutura xerárquica, clerical, machista e excluínte, que confunde universo con igrexa local de Roma, crítica que estendemos ó seu máximo representante, Bieito XVI.

E que podemos dicir coma galegas e galegos? Que se ben ninguén dubida da importancia económica do fenómeno da peregrinación e do xacobeo no noso país, “este anuncio de oito horas de duración”, que en palabras do conselleiro Rueda vai supor a viaxe do Papa para o Xacobeo, ten que ser xestionado con criterios de transparencia, racionalidade e aconfesionalidade. Nin o propio goberno galego sabe canto vai gastar nin quen o vai pagar. Non debemos esquecer que a organización da Xornada Mundial da Familia, á que asistiu o Papa en Valencia, é unha das “operacións” polas que están imputadas os membros da trama Gürtel e altos cargos do goberno valenciano. E aí naceu este “Eu no te espero”, que sen coñecer nada deste desvío de fondos públicos, xa se opuña a esta confusión permanente entre o poder público e os actos de exaltación da Igrexa xerárquica católica.
Que veña en novembro e que volva. Pero así non.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s