Arquivo da categoría: O fachineiro

Liturxias

O fachineiro da lingua Imaxine o lector a seguinte escena. Na presentación dunha nova campaña antitabaco aparece ante os micrófonos un responsable de sanidade con tose cavernosa, flegma subindo e baixando na traquea coma unha bóla no bingo, e de … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Ramadán 2012 xa!

O fachineiro dos anos santos A asociación Compostela Monumental vai solicitarlle ao xestor da franquía a celebración dun Ano Santo para o 2014, porque lles parece moito agardar ata 2021 por ver as recuas de xubilados alemáns baixando as escaleiras … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Boa dirección

A.Q. O fachineiro das frases odiosas Mentres o mundo que en Europa coñecemos ultimamente vai esportelando coma un prato vello, repara o fachineiro nos clixés que máis lle desgusta oír nos beizos neoliberais. En primeira posición figura “van na boa … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Facebook malgré moi

A.Q. Aínda que a miña idea de facebook non dista moito de “invento para poñer fotos de agora estou tomando unha caña” non, quita para que moitas persoas a usen cun certo sentido cívico, como demostrou a convocatoria aos exipcios … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Gallaecia non fulget

A.Q. O fachineiro da lingua Quizais a Universidade de Santiago foi, nalgún momento, vangarda de algo, pero o que non imos atopar no seu medio milenio de existencia é unha aposta pola lingua galega. No medio da enxurrada do latín … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Vergoña corporativa

O fachineiro dos foros Se para algo positivo serve o Foro de Davos é para que xurdan alternativas a el, a máis importante, o Foro Social Mundial. Coincidindo coa impúdica reunión da cidade suíza, a asociación Public Eye Awards concede … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

Chufóns

O fachineiro do emprego. A.Q. Si, hai camiños máis clásicos para obter un traballo, que llo digan, se non, a Ricardo Costa segundo as gravacións que puidemos escoitar do caso Gürtel, nas que piaba por unha consellería na Generalitat, esa … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Anxo Vila

A.Q. O fachineiro da ecoloxía Xa ten manifestado o fachineiro a súa escasa confianza en case todo o xénero humano e algúns datos recentes contribúen a afortalar esta idea: Canadá apéase do protocolo de Kioto, Brasil aproba un novo decreto … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Coincidencias

O fachineiro da lingua Hai uns días Anxo Lorenzo, o -disque- Director Xeral de Política Lingüística, ese mesmo co que recuamos na protección social do galego ata, polo menos, o franquismo, participaba nunhas xornadas de Xustiza e Lingua. E pensaba … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Actitudes

O fachineiro do lume A.Q. Este fachineiro debería ir nunha sección do tipo “como diciamos onte”, “xa volo dicía eu” ou cousa deste teor. Hai dúas semanas Manuel Rivas publicaba un artigo que titulaba como “A Galicia desaparecida”, e iso … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Adxectivos (O fachineiro dos desbaldidores)

A.Q. Estaba o outro día o fachineiro na perruquería, ese oasis de saber, cando se informou por unha revista de como por uns magros 12.000 euros podía seguir un tratamento anti stress dunha semana en Suíza que inclúe hotel, balneario, … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Controlas a linguaxe, controlas a mensaxe

O fachineiro da ideoloxía A.Q.  Por que a xente vota o que vota? Durante 40 anos a dereita radical estadounidense investiu moito diñeiro para analizar e transformar a linguaxe dos políticos conservadores ata gañaren as eleccións do 2000 e 2004. … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Trococefalia e compromiso

O fachineiro da información A.Q. Trescentos mil anos de evolución non son suficientes para que o común da xente demande unha información crítica que ofreza esteos para que esa xente se sinta realmente viva no mundo de hoxe. Non interesa, … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Segundo ano de paz

A.Q. Anda Feijoo celebrando o seu segundo ano de paz, que falando de lingua quere dicir dous anos ataniscando no galego, rillando decote o seu estatuto legal ou directamente con trabadas no cerne da normalización. O bilingüísmo cordial chegou ás … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Eco, eco

A.Q. Sen dúbida presionado polo calado social do anterior fachineiro, Anxo Lorenzo buliu a dicir que non era o momento de empregar o galego no Senado. Tamén volveu lembrar que a xente desconforme coa actual Política Lingüística debía ler o … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

(Des)propósitos de comezo de ano

A.Q. Disque é costume comezar o ano cuns obxectivos que se van vendo adiados por outros máis urxentes. No comezo das listas adoitan os de anotarse no ximnasio para atacar as calorías, acometer unha reforma doméstica, esquecer idiomas… Este último … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

O fachineiro dos libros: tempo de matanzas

A.Q. El sueño del celta, de Vargas Llosa, xira arredor de Roger Casement, personaxe histórico que denunciou como cónsul británico o xenocidio dos indíxenas no chamado Congo Belga, baixo o reinado de Leopoldo II, e posteriormente a dos indíxenas peruanos … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Está vivo? Non, ho, está mal enterrado!

A.Q. “Pásame esa coroa que lla poño enriba, non vaia ser que se levante” ben podía estarlle dicindo un persoeiro ao outro aí diante da tumba de Blanco Amor. Mágoa que non o fixese, que co carácter que gastaba o … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Os defuntos falan… castelán

A.Q. Acabouse o mes de santos, e tomámoslle prestado o título a Ánxel Fole para preguntármonos por que se lles falamos aos vivos en galego, se ao noso avó lle dixemos sempre “canto te quero avoíño!”, na súa lápida poñemos … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario

Vento 16

Tal como reza a paremia enchoupada de sabedoría popular, hai que limpar cando vai aire. Ben o saben os donos dos medios de comunicación que acolleron gozosos os cartos públicos cos que se publicitou a visita papal -que veu, disque, … Seguir lendo

Publicado en O fachineiro | Deixar un comentario