(1º aviso, para quen teña axendas complicadas)
Xulio Lois, na vida e na memoria
Data: 4 de febreiro de 2012
Lugar: Centro Do Bosco, rúa Belvís, número 2. Santiago de Compostela.
Adianto do programa:
Coma sempre vaise desenvolver en catro momentos:
1. De 10 a 11,30 : Asemblea da Asociación Irimia: Informe de actividades, rendemento de contas, renovación de cargos na xunta directiva, etc.
2. De 11,30 en adiante: “Volver a Xesús de Nazaret”, memoria viva de Xulio Lois.
Contaremos coa HOAC de Vigo e probablemente con representantes da Asociación de Teólogos Juan XXIII.
3. Xantar compartido
4. Celebración da eucaristía.
Xa iremos concretando máis a información.



